Saltar ao contido

Alpha Orionis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alpha Orionis
 Parte de
 Época
 Idade estimada
10.000.000 Editar o valor en Wikidata
 Constelación
 Clasificación espectral
M1-M2Ia-Iab Editar o valor en Wikidata
 Tipo de estrela variable
Características orbitais
Velocidade de rotación5 km/s Editar o valor en Wikidata
Velocidade radial21,91 km/s Editar o valor en Wikidata
Declinación do movemento propio11,3 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión do movemento propio27,54 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión recta88,792938991 ° Editar o valor en Wikidata
Declinación7,407063995 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio640 R☉ Editar o valor en Wikidata
Masa14 M☉ e 17,8 M☉ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial2,7 cm/s² Editar o valor en Wikidata
Distancia da Terra548 a.l. Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente0,42, 4,38, 2,27, −1,17, −2,45, −3, −3,73 e −4,05 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta−5,14 Editar o valor en Wikidata
Luminosidade60.000 L☉ Editar o valor en Wikidata
Temperatura efectiva3.654 K Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF235966631 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0f2_8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
YZ 7 2503 Yale Observatory Zone Catalog (en) Traducir
WEB 5485 Vitesses radiales. Catalogue WEB: Wilson Evans Batten. Radial velocities: The Wilson-Evans-Batten catalogue (en) Traducir
UBV 21314 UBV Photoelectric Photometry Catalogue (en) Traducir
TYC 129-1873-1 Tycho Catalogue (en) Traducir
IRC +10100 Two-Micron Sky Survey (en) Traducir
PMC 90-93 162 Tokyo Photoelectric Meridian Circle Catalog (en) Traducir
RAFGL 836 The Revised AFGL (RAFGL) catalogue (en) Traducir
TIC 269273552 TESS Input Catalog (en) Traducir
TD1 5587 TD1 Catalog of Stellar Ultraviolet Fluxes (en) Traducir
PPM 149643 PPM Star Catalogue (en) Traducir
JP11 1282 JP11 (en) Traducir
IRAS 05524+0723 IRAS (pt) Traducir
HIC 27989 Hipparcos Input Catalogue (en) Traducir
GSC 00129-01873 Guide Star Catalog (en) Traducir
alf Ori General Catalogue of Variable Stars (pt) Traducir
PLX 1362.00 General Catalogue of Trigonometric Stellar Parallaxes (en) Traducir
PLX 1362 General Catalogue of Trigonometric Stellar Parallaxes (en) Traducir
GCRV 3679 General Catalogue of Stellar Radial Velocities (pt) Traducir
FK5 224 FK5 (en) Traducir
58 Ori Designação de Flamsteed (pt) Traducir
α Ori Designação de Bayer (pt) Traducir
SAO 113271 Catálogo de Estrelas do Observatório Astrofísico Smithsoniano (pt) Traducir
WDS J05552+0724Aa,Ab Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir
WDS J05552+0724Aa,Ac Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir
WDS J05552+0724A Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir
HIP 27989 Catálogo Hipparcos (pt) Traducir
HD 39801 Catálogo Henry Draper (pt) Traducir
CCDM J05552+0724AP Catalog of Components of Double and Multiple Stars (en) Traducir
N30 1266 Catalog of 5,268 Standard Stars Based on the Normal System N30 (en) Traducir
[LFO93] 0552+07 CO and HCN observations of circumstellar envelopes. A catalogue - mass loss rates and distributions (en) Traducir
HR 2061 Bright Star Catalogue (pt) Traducir
GC 7451 Boss General Catalogue (pt) Traducir
BD+07 1055 Bonner Durchmusterung (pt) Traducir
ADS 4506 AP Aitken Double Star Catalogue (en) Traducir
AG+07 681 AGK3U (en) Traducir
AAVSO 0549+07 AAVSO (en) Traducir
2MASS J05551028+0724255 2MASS (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 86143
Wikidata G:Commons C:Commons

Alpha Orionis (α Orionis / α Ori) ou máis coñecida coma Betelgeuse, é unha gran estrela vermella na constelación de Orión. É a décima estrela máis brillante no ceo, unha superxigante vermella. A cor característico desta estrela provén das baixas temperaturas do seu exterior (uns 3.000 K) e amosa que a estrela esgotou xa a maior parte do combustible nuclear que lle proporciona a súa enerxía (fusión do hidróxeno), polo que se atopa ao final da súa vida. As súas variacións de luminosidade indican tamén que se atopa lonxe da secuencia principal.

Betelgeuse e unha estrela xigante, razón pola que o seu brillo é tan elevado a pesar de atoparse a unha temperatura relativamente baixa. Non obstante, e malia ser a estrela α de Orión, non é a máis brillante, sendo Rigel, coñecida como β Orionis a estrela máis brillante da constelación.

Características

[editar | editar a fonte]

Betelgeuse é unha estrela xigante vermella, e unha das maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. O diámetro angular de Betelgeuse foi medido pola primeira vez en 1920-1921 por Michelson e Pease, sendo unha das cinco primeiras a seren medidas usando un interferómetro no telescopio de 100 polgadas do Observatorio de Monte Wilson. Seu diámetro varía entre 500 e 900 veces o do Sol, dependendo do seu ciclo principal, na actualidade calcúlase un ciclo principal de 400 días. No diámetro máximo, a estrela seria maior que a órbita de Saturno, se colocada no lugar do Sol. A pesar de ser apenas 15 veces máis masiva que o Sol, é decenas de millóns de veces maior en volume, como unha bóla de fútbol comparada a un grande estadio de fútbol. A súa proximidade a Terra, atópase a 700 anos luz do noso planeta, e o seu enorme tamaño, fan dela a estrela co terceiro maior diámetro angular, vista dende a Terra[1], menor apenas que o Sol e R Doradus. É unha das 12 estrelas cuxo brillo real os telescopios actuais poden visualizar.

Supernova

[editar | editar a fonte]

Os astrónomos prevén que Betelgeuse pode pasar por unha explosión supernova tipo II. Porén, as opinións están divididas canto ó momento en que isto pode ocorrer. Algúns suxiren que a variabilidade actual é un sinal de que xa está na fase de queima de carbono de seu ciclo de vida, e debe sufrir unha explosión supernova aproximadamente nos próximos mil anos. Outros escépticos discordan dese punto de vista e afirman que a estrela debe sobrevivir moito máis tempo. Hai consenso sobre o feito de que a supernova sería un evento astronómico espectacular, pero non significaría ameaza para a vida na Terra, dada a enorme distancia da estrela. A estrela volveríase polo menos 10.000 veces máis brillante, o que significa un brillo equivalente ó dunha lúa crecente. Algúns cren que pode chegar ó brillo dunha lúa chea (mv = -12.5). Ese fenómeno duraría algúns meses, parecendo unha pequena lúa chea da cor dunha lámpada incandescente á noite e facilmente visible durante o día. Logo dese período a estrela apagaríase gradualmente ata que tras algúns meses ou anos desapareza completamente e Orión perda o ombro esquerdo.

  1. Bedding, T.R.; et al. (1997). "The angular diameter of R Doradus: a nearby Mira-like star". Monthly Notices Royal Astronomical Society, (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2006.