Saltar ao contido

Orgánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orgánico,[1] do grego όργανον (organon), refírese a:[2]

Agricultura

[editar | editar a fonte]
  • Fertilizante orgánico, os propios da agricultura ecolóxica.
  • Alimento orgánico "alimentos ecolóxico" ou "alimentos biolóxicos", son os alimentos cultivados na agricultura ecolóxica, evitando substancias sintéticas.

Arquitectura e urbanismo

[editar | editar a fonte]
  • Urbanismo orgánico (crecemento) ou trazado orgánico é o proceso de crecemento e desenvolvemento de cidades e vilas de maneira natural e progresiva ao longo do tempo, sen seguir un plano urbanístico. Caracterízase pola adaptación ao terreo, o crecemento evolutivo e espontáneo, rúas irregulares, escala humana e a integración de usos do solo, reflectindo a historia e as necesidades cambiantes da poboación
  • Urbanismo orgánico ou urbanismo organicista é un termo usado desde mediados do século XX, referido a un enfoque urbanístico que aplica os principios da arquitectura orgánica ao desenvolvemento de cidades e vilas, caracterizado pola adaptación ás características naturais do terreo, respectando a topografía, cursos de auga e a vexetación existentes.
  • Arquitectura orgánica ou organicismo arquitectónico, é a concepción arquitectónica que busca imitar a natureza, considerando os edificios como organismos que se adaptan ao medio, respectando os hábitats naturais e humanos, usando formas de crecemento dos seres vivos, fronte a outras concepcións arquitectónicas que se asemellan máis a patróns xeométricos de cristalización.

Administración

[editar | editar a fonte]
  1. "orgánico". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-19. 
  2. Cando o adxectivo calificativo «orgánico, orgánica» alude ao que ten vida, es porque están compostos por carbono (C) e hidróxeno (H). A denominación «orgánica» da rama da química (química orgánica) é por virtude de que estes elementos, xunto co osíxeno (O) e o nitróxeno (N), son integrantes esenciais dos seres vivintes. Constitúen o famoso CHON. Polo tanto a súa connotación sinónima es só parcial, sendo en realidade un hipónimo.