Orfeó Gracienc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg

O Orfeó Gracienc é unha sociedade coral fundada por Joan Balcells en 1904 na vila de Gràcia, actualmente un barrio de Barcelona.[1] A causa do prestixio do seu fundador, participou en concertos de artistas célebres como Enric Morera, Joan Lamote de Grignon i Bocquet e Pau Casals, quen a incorporou aos concertos da Orquestra Pau Casals dende 1925. En 1934 interpretou no Palau de la Música Catalana a Sinfonía dos Salmos de Igor Stravinskii. Logo do cesamento de actividades a causa da Guerra Civil Espanyola, fíxose cargo da mesma Antoni Pérez i Simó, e en 1969 conseguiu renome internacional ao participar no XVII Concurso Polifónico Internacional de Arezzo (Italia). Dende 1996 faise cargo da súa dirección Poire Vallvé i Cordomí.[2]

O Orfeó Gracienc gravou 28 discos e foi dirixido por mestres de gran prestixio como Heitor Villa-Lobos, Géorge Sebastian, Eduard Toldrà e Antoni Ros i Marbà, entre outros.[3] En 1986 foille outorgada a Creu de Sant Jordi pola Generalitat de Cataluña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orfeó Gracienc en ccfundacions.cat
  2. Gracienc. L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
  3. Història de l'Orfeó na web do Orfeó Gracienc

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]