Saltar ao contido

Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo é unha asociación e orde relixiosa católica, nacida na diocese de Tui-Vigo.

Historia

En 1996 formouse en Vigo un grupo musical de carácter relixioso que participaba das cerimonias católicas que organizaban distintas parroquias da diocese de Tui-Vigo. O coro transformouse nunha asociación en 1997 e posteriormente converteuse nunha orde relixiosa de carácter privado e o 30 de xuño de 2009 nunha orde relixiosa aberta. O seu principal impulsor e fundador é Feliciano Miguel Rosendo.

Características

Os membros consagrados son dos dous sexos, e denomínanse miguelianos e miguelianas. Os seus hábitos son unha túnica de cor azul intenso e un escapulario amarelo. O máis destacado é a súa afección pola música e a canción, e teñen participado en distintos concertos e festivais relixiosos.

A súa sede principal está no Porto (Mougás, Oia). Tamén teñen un local en Bustarviejo (Madrid), onde coidan de anciáns.

Persoas destacadas

Ademais do seu fundador, Feliciano Miguel Rosendo, están vinculadas a esta orde a modelo e actriz viguesa Olalla Oliveros, que se consagrou monxa migueliana[1], e a modelo e VIP española Tamara Falcó.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas