Olalla Oliveros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Monxa ![]() |
Ocupación | actriz, modelo, monxa ![]() |
![]() ![]() |
Olalla Oliveros, nada en Vigo en 1977, é unha antiga modelo e actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con formación en teatro e en danza en Vigo, no ano 2000 Olalla Oliveros mudouse a Madrid para continuar a súa carreira. Alí traballou en publicidade como modelo, e como actriz interveu en distintas series de televisión, como en episodios de La familia Mata (2007), Maitena: estados alterados ou El comisario (2008). No cinema, participou na rodaxe, como actriz, do filme Fase terminal (2010), dirixida por Marta Génova.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 2010 abandonou a carreira artística e ingresou na Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo como fiel consagrada (votos de celibato e obediencia) e nun réxime de semiclausura[1]. Non obstante, a Igrexa Católica non recoñeceu como válida a consagración ao carecer ese grupo desa potestadade [2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El señor me hizo casting", Faro de Vigo, 20 de abril de 2014 (en castelán).
- ↑ "La modelo de la secta de los «miguelianos»: «Tengo mucho que decir»". ABC, 1 de xaneiro de 2015