Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo
A Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo (popularmente miguelianos) foi unha asociación católica nacida na diocese de Tui-Vigo e que derivou en orde relixiosa non recoñecida oficialmente.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1996 formouse en Vigo un grupo musical de carácter relixioso que participaba das cerimonias católicas que organizaban distintas parroquias da diocese de Tui-Vigo. O coro transformouse nunha asociación en 1997 e posteriormente converteuse nunha asociación pública de carácter privado e o 30 de xuño de 2009 nunha orde relixiosa aberta. Non obstante, para Igrexa Católica permaneceu como asociación pública de fieis de dereito diocesano [1] e nunca foi un instituto de dereito diocesano. O seu principal impulsor e fundador foi Feliciano Miguel Rosendo.
A finais de 2012 comezaron a aparecer denuncias sobre abusos sexuais dentro da orde. A investigación realizada polo bispado ao longo de 2013 e 2014 concluíu no apartamento de Miguel Rosendo da dirección da orde[2]. A comunidade, que chegara a ter 400 membros, desfíxose na súa práctica totalidade, e a finais de 2014 só quedaba unha trintena. En decembro dese ano, Miguel Rosendo, foi detido[3]. En decembro de 2018 foi condenado a nove anos de prisión por un delito de abuso sexual continuado.
Características
[editar | editar a fonte]Os membros consagrados son dos dous sexos, e denomínanse miguelianos e miguelianas. Os seus hábitos son unha túnica de cor azul intenso e un escapulario amarelo. O máis destacado é a súa afección pola música e a canción, e teñen participado en distintos concertos e festivais relixiosos.
A súa sede principal está no Porto (Mougás, Oia).[4] Tamén teñen un local en Bustarviejo (Madrid), onde coidan de anciáns.
Persoas destacadas
[editar | editar a fonte]Estivo vinculada a esta orde a modelo e actriz viguesa Olalla Oliveros, que se consagrou monxa migueliana[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Iglesia suprime la orden investigada por asociación ilícita y abusos", NGNoticiasGalicia.com, 22 de decembro de 2014
- ↑ 'Miguel montó un edén de religiosas', El Mundo
- ↑ David Reinero. "Detenido en Madrid el líder de la secta acusada de abusos sexuales". Consultado o 11 de decembro 2014.
- ↑ 42°3′20.43″N 8°53′11.94″O / 42.0556750, -8.8866500
- ↑ "El señor me hizo casting", Faro de Vigo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da orde
- Torres, M. (28/5/2005). "Una asociación católica recupera el monasterio de San Antonio de Vilariño". La Voz de Galicia (en castelán).