Opistognátidos
Os Opistognátidos (Opistognathidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Viven en arrecifes pouco profundos dos océanos Atlántico centrooccidental, Índico e Pacífico desde o golfo de California a Panamá.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen unha boca longa, da que deriva o nome: opisto (parte traseira) e gnathos (mandíbula). Fisicamente son moi parecidos ós blénidos, pero máis pequenos, coa cabeza máis grande en relación ó seu corpo. Liña lateral situada en posición alta percorrendo o dorso ata a metade da aleta dorsal.
Aleta dorsal continua, con 9 a 12 espiñas; anal algo máis curta, con 3 espiñas; pelvianas situadas ó nivel das pectorais, cunha espiña e 5 radios brandos. O xénero Stalix ten as espiñas da aleta dorsal furcadas tranversalmente.
Os machos incuban os ovos na boca.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Existen unhas 60 especies agrupadas en catro xéneros:
- Xénero Lonchopisthus (Gill, 1862)
- Xénero Merogymnoides (Whitley, 1966)
- Xénero Opistognathus (Cuvier, 1816)
- Xénero Stalix (Jordan e Snyder, 1902)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Opistognátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Opistognátidos |
- Taxonomía FishBase (en inglés)
- Taxonomía ITIS (en inglés)