Ophelia Alcantara Dimalanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ophelia Alcantara Dimalanta
Nacemento16 de xuño de 1932 e 16 de xuño de 1934
 San Juan
Falecemento4 de novembro de 2010
 Navotas
NacionalidadeFilipinas
Alma máterUniversity of Santo Tomas
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Ophelia Alcantara Dimalanta, nada en San Juan (Gran Manila) o 16 de xuño de 1932 e finada en Navotas o 4 de novembro de 2010, foi unha escritora, editora e profesora filipina. Publicou libros de poesía, crítica, teatro e prosa, e editou varias antoloxías literarias.[1] En 1999 recibiu o S.E.A. Write Award.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dimalanta estudou Filosofía na Universidade de Santo Tomás, e tivo formación musical como pianista. Foi escritora residente[3] e profesora de Literatura e Escrita Creativa na mesma universidade até a súa morte. Durante a súa carreira académica ocupou diversos cargos administrativos, como decana da Facultade de Artes e Letras, e directora do Centro de Escrita e Estudos Creativos.[4] En 1995 foi fundadora do Coro da Facultade e do Coro de Artes e Letras da Universidade de Santo Tomás, con Paulo Zarate como primeiro director. Escribiu a letra do himno de dita facultade. Tamén deu clase no Colexio de San Juan de Letrán e na Universidade de La Salle.

Impartiu obradoiros na Universidade de Filipinas, Universidade Silliman en Dumaguete, e a Universidade Mindanao-Instituto de Tecnoloxía de Iligan. Foi xurado en certames literarios como o Premio Nacional de Literatura de Filipinas do Círculo da Crítica de Manila (do que foi membro fundador e presidente[5]), os Premios Literarios da Prensa Independente de Filipinas, e o Premio de Literatura Don Carlos Palanca[6].

En 1974 publicou o seu primeiro poemario, Montage, que acadara o Premio de Poesía da Universidade do Estado de Iowa e o premio de Literatura Palanca en 1974 na categoría de poesía. En 2002 publicouse a obra dramática en verso Lorenzo Ruiz, Escribano: A Play in Two Acts, con tradución ao filipino de Florentino H. Hornedo e Michael M. Coroza. A obra fora estreada o 22 de febreiro de 1994 na Universidade de Santo Tomás con dirección de Isagani R. Cruz. Dimalanta publicou recensións críticas en prensa local e internacional.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Finder Loser
  • Montage (1974)
  • Time Factor (1983)
  • Flowing On (1988)
  • Lady Polyester (1993)
  • Love Woman (1998)
  • Passional (2002)
  • The Ophelia Alcantara Dimalanta Reader, Volume 1, Poetry (2005)
Crítica
  • The Philippine Poetic
Antoloxías
  • Anthology of Philippine Contemporary Literature
  • Readings from Contemporary English
Prosa
  • The Ophelia Alcantara Dimalanta Reader, Volume 2, Prose (2006)
Drama
  • Lorenzo Ruiz, Escribano: A Play in Two Acts (2002)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Publications Sorted By Author Title". ust.edu.ph. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2009. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  2. "1999 S.E.A. Write Awards". S.E.A. Write. 23 de setembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  3. "Quadri Coffee Table Book Writers, Producers Meet". ust.edu.ph. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  4. "Ophelia Alacantara Dimlanta, PhD". ust400. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  5. "Anvil is Publisher of the Year". Inquirer.net. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  6. "Palanca Winners Honored". Inquirer. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2010.