Operación (matemáticas)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Matemáticas, unha operación é calquera tipo de procedemento que se realiza sobre unha certa cantidade de elementos e que segue sempre unha mesma lóxica (regra). Dependendo do número de termos necesarios nunha operación pode clasificarse como operación unaria, operación binaria, operación ternaria...

Unha operación binaria xenérica normalmente é representada como:

X * Y
onde "*" é o operador binario, "X" e "Y" son os operandos (ou termos da operación), "X" é o primeiro termo e "Y" é o segundo termo.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Os dous exemplos de operacións binarias máis clásicos son:

  1. X + Y: "+" é o símbolo do operador adición; o resultado da operación é a suma e os termos son os sumandos.
  2. X . Y: "." é o símbolo do operador multiplicación, o resultado da operación é o produto de X por Y e os termos son os factores.

Propiedades de operacións binarias[editar | editar a fonte]

Algunhas operacións binarias posúen certas propiedades notables. Considerando * e # como dúas operación binarias podemos definir as seguintes propiedades: