Adware
O software adware é un software que mentres funciona amosa mensaxes publicitarios de distintos produtos ou servizos. Estas aplicacións inclúen código adicional, que é o encargado de amosar a publicidade a través de ventás emerxentes, barra de ferramentas etc. Esta práctica úsase para subvencionar economicamente a aplicación, permitindo que o usuario obteña esta por un prezo máis baixo e incluso gratis, mentres que proporciona ó programador un beneficio, que axuda a motivalo para escribir, manter e actualizar o programa.
Algunhas aplicacións adware son tamén shareware, e nestes casos os usuarios teñen a opción de pagar unha versión rexistrada ou con licenza, que normalmente elimina os anuncios.
Determinados programas adware foron criticados ocasionalmente por incluír código que realiza un seguimento da información persoal do usuario, sen coñecemento do mesmo e que pasa a terceiras persoas, sen a autorización do usuario. Esta práctica coñécese como spyware, e provoca as críticas dos expertos en seguridade e dos defensores da privacidade, incluíndo o Electronic Privacy Information Center. Non todos programas adware realizan este seguimento de información persoal do usuario.