Onimusha (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Onimusha (en xaponés 鬼武者) é unha serie de videoxogos programado e distribuído por Capcom . A serie emprega figuras históricas nipoas, pero contando as súas historias incorporando elementos sobrenaturais. A maioría das entregas son de aventura e acción, unha combinación de terceira persoa para o combate e resolución de puzzles, onde o protagonista exerce o poder dos Oni que lles permite loitar contra os Genma , o inimigo principal da serie. Onimusha é a 5ª serie máis grande de Capcom, detrás do Resident Evil, Street Fighter e Devil May Cry. A serie vendeu aproximadamnte 7,8 millones de copias.

Xogos[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

Inicialmente, Capcom comezou a desenvolver un videoxogo de acción para PlayStation empregando o motor gráfico de Resident Evil, pero finalmente cambiou o proxecto, optando por lanzalo en PlayStation 2. Vendéronse máis de dous millóns de copias[1]. A personaxe central baséase en Takeshi Kaneshiro, que tamén actuou coma dobrador. Os modelos das personaxes inclúen a Matsuda Yusaku en Onimusha 2 e Takeshi Kaneshiro e Jean Reno en Onimusha 3: Demon Siege. A serie estaba prevista inicialmente para ser unha triloxía, pero foi producida unha cuarta entrega denominada Onimusha: Dawn of Dreams, posta á venda en marzo de 2006.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.