One for the Money

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
One for the Money
Título orixinal One for the Money
Autor Janet Evanovich
País Estados Unidos de América
Lingua Inglés
Xénero(s) Misterio, policial
Editorial St. Martin's Press
Data de pub. 1994
Páxinas 288 páx.
ISBN ISBN 0-684-19639-5
Seguido por Two for the Dough

One For the Money é a primeira novela de Janet Evanovich protagonizada pola cazarrecompensas Stephanie Plum. Foi publicada en 1994 nos Estados Unidos. Como as súas sucesoras, foi un best-seller, aparecendo durante 100 semanas na lista do USA Today das 150 novelas máis vendidas, chegando a ser número 13.[1]

Anteriormente a esta novela, Evanovich escribira once novelas románticas, decidindo logo cambiar de xénero.[2] Antes de escribir One For the Money, a súa primeira novela de misterio, Evanovich pasou dous anos investigando o mundo da aplicación da lei, seguindo tanto a policía como aos axentes aplica-fianzas (que teñen a función de levar ao xulgado os fuxidos) de Trenton, observando as súas accións así como o seu equipamento. Aprendeu tamén a disparar coa pistola.[3]

Neste libro aparecen personaxes que frecuentarán as subsecuentes novelas.

Argumento[editar | editar a fonte]

Stephanie Plum, unha vendedora de lencería desemprega, pídelle traballo de arquiveira ao seu curmán, un fiador de fianzas. A axudante de Vinnie, Connie, dille que o traballo xa está collido, pero suxírelle que comece capturando algúns clientes que se saltaron as súas obrigacións, empezando por Joe Morelli, un policía que tivera tempo atrás unha relación sexual con Stephanie e que estaba sendo buscado por asasinato. Stephanie ten problemas de diñeiro, e quere o traballo, xa que recibiría unha porcentaxe da substanciosa fianza de ser Morelli capturado, así que acabará chantaxeando a Vinnie para que lle dea o traballo, ameazándoo con revelar o seu intento de deitarse con ela. Mentres intenta capturar a Morelli, Plum atrae a atención dun boxeador involucrado na morte de varias mulleres.

Adaptación cinematográfica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: One for the Money (filme).

Tom Rosenberg produciu unha adaptación deste libro para a Lakeshore Entertainment, con Katherine Heigl facendo o papel de Stephanie Plum. Outros nomes do elenco foron Jason O'Mara como Morelli, Sherri Shepherd como Lula, Daniel Sunjata como Ranger, Patrick Fischler como Vinnie Plum, John Leguizamo como Jimmy Alpha, e Debbie Reynolds como Grandma Mazur. O filme estreouse o 27 de xaneiro de 2012.

Galardóns[editar | editar a fonte]

One for the Money gañou en 1995 o Premio Dilys dado pola Asociación de Libreiros de Misterio Independente (Independent Mystery Booksellers Association).[4]

Notas[editar | editar a fonte]