Oliver Friggieri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oliver Friggieri
Nacemento27 de marzo de 1947
 Floriana
NacionalidadeMalta
Alma máterUniversidade de Malta
Ocupaciónescritor, poeta, crítico literario e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

Oliver Friggieri, nado en Furjana o 27 de marzo de 1947, é un profesor, escritor e crítico literario maltés

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na súa localidade natal, no seminario de Malta, onde coincidiu con Albert Marshall e Louis Galea, e tras deixar o seminario graduouse en maltés, italiano e filosofía na Universidade de Malta. Doutorouse en 1978 na Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán en literatura maltesa e crítica comparada coas teses La cultura italiana a Malta: storia e influenza letteraria e stilistica attraverso l’opera di Dun Karm e La Cultura Italiana del Romanticismo e la Poesia Maltese que se publicaron como libros en Italia. Foi secretario do movemento de renovación literaria Qawmien Letterarju (1970-71), membro do consello editorial da revista literaria Il-Polz (1969-73) e o seu editor (1974-75), membro fundador da revista literaria e cultural infantil Is-Sagħtar en 1971 e do seu consello editorial (1971- ), colaborou na fundación en 1971 da editorial Klabb Kotba Malti e foi editor do Journal of Maltese Studies (1980- ). Profesionalmente traballou como profesor de maltés  e filosofía en educación secundaria (1968-75) e dende 1976 foi docente na Universidade de Malta e a partir de 1990 foi profesor titular de literatura maltesa.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Friggieri é o autor dun gran número de libros de diversos xéneros publicados en Malta mais tamén noutros países. As súas novelas, relatos e poemas traducíronse a diversas linguas: inglés, italiano, francés, macedonio, esloveno, serbo-croata, grego, romanés, árabe, bengalí, urdú, ruso. Os temas recorrentes da súa obra literaria son filosóficos e relixiosos[1]. Especializado en literatura maltesa oss seus estudos, en inglés e italiano, apareceron en diversas revistas académicas e en maltés publicou diversos libros de crítica literaria e sobre a literatura maltesa, e é un experto na obra do considerado poeta nacional, Dun Karm. Traduciu ao maltés obras dende o latín, inglés e italiano.

Obras[editar | editar a fonte]

Dicionario[editar | editar a fonte]

  • Dizzjunarju ta' Termini Letterarji,, (1996) constitúe un dicionario de termos literarios e un auténtico manual de literatura maltesa[2]

Coleccións de contos[editar | editar a fonte]

  • Stejjer Għal Qabel Jidlam (1986) 
  • Fil-Gżira Taparsi Jikbru l-Fjuri (1991)

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Il-Gidba (1977)
  • L-Istramb (1980)
  • Fil-Parlament ma Jikbrux Fjuri  (1986) novela política que provocou unha gran controversia.
  • Ġiżimin li Qatt ma Jiftaħ (1998)
  • It-Tfal Jiġu bil-Vapuri (2000) triloxía: 
    • La Jibbnazza Niġi Lura (2006)
    • Dik id-Dgħajsa f’Nofs il-Port (2011)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Oliver Friggieri: Il-Poeżiji Miġbura (2002). Recolle a súa produción poética

Oratorios[editar | editar a fonte]

  • Pawlu ta' Malta (1985). É o primeiro oratorio en lingua maltesa[3]
  • Dun Ġorġ (2001)

Cantatas[editar | editar a fonte]

  • L-Għanja ta' Malta (1989)
  • Ħodon Fjuri lil San Publju (2010)

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • Fjuri li ma jinxfux, Tifkiriet 1955-1990 (2008)

Crítica literaria[editar | editar a fonte]

  • Kittieba ta’ Żmienna, 1970
  • Ir-Ruħ fil-Kelma, 1973,
  • Il-Kultura Taljana f'Dun Karm, 1976
  • Fl-Għarbiel, 1976
  • Mekkaniżmi Metaforiċi f'Dun Karm, 1978
  • Storja tal-Letteratura Maltija, I, 1979
  • Saġġi Kritiċi, 1979
  • Ellul Mercer fLeli ta' Ħaż-Żgħir' - Mir-Realtà għall-Kuxjenza, 1983
  • Ġwann Mamo - Il-Kittieb tar-Riforma Soċjali, 1984
  • L-Idea tal-Letteratura, Bugelli, 1986
  • Dun Karm - Il-Jien u Lil hinn Minnu, T. Cortis, 1988
  • Dun Karm, 1989
  • Saggi sulla letteratura maltese, 1989
  • Il-Kuxjenza Nazzjonali Maltija, 1995
  • L-Istudji Kritiċi Miġbura I, con Victor Fenech, 1995
  • L-Istorja tal-Poeżija Maltija, Pubblikazzjonijiet Indipendenza, 2001
  • Rużar Briffa - L-Aħħar Poeżiji u Taħdita Letterarja, 1974
  • Dun Karm - Il-Poeżiji Miġbura, 1980
  • Rużar Briffa - Il-Poeżiji Miġbura, 1983
  • Dun Karm - Le poesie italiane, 2007
  • Ġan Anton Vassallo – Il-Poeżiji, 2013

Biografía literaria[editar | editar a fonte]

  • Dun Karm - il-Bniedem fil-Poeta, 1980
  • Il-Ħajja ta' Rużar Briffa, 1984

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Il-Ktieb tal-Poeżija Maltija, I, Testi Magħżula u Miġbura bi Studju Kritiku, 1987 (colleita e estudo crítico dos poetas pioneiros en maltés)
  • Il-Ktieb tal-Poeżija Maltija, II, Testi Magħżula u Miġbura bi Studju Kritiku, 1987 (colleita e estudo crítico dos poetas malteses do XIX e XX)
  • Il-Poeżija Maltija, 1996

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eugene Benson, L.W. Conolly (2004) Encyclopedia of Post-Colonial Literatures in English Routledge, p. 552
  2. Steven R. Serafin (1999) Encyclopedia of World literature in the Twentieth Century, I-IV, 3ed. St James Press:Michigan, 1999 (Oliver Friggieri see vol. II, p. 175)
  3. "Pawlu ta’ Malta". Malta Philarmonic Orchestra