Olegario Collazo Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 19 de abril de 1937 ![]() San Xoán do Monte, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, oficinista, maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Olegario Collazo Lago, nado en Vigo en 1914 e finado en San Xoán do Monte o 19 de abril de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Pardavila. Oficinista. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias, das que foi un dos seus fundadores en Vigo en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte. O 18 de setembro o xuíz militar emitiu unha requisitoria contra el e Benito Paz Piñeiro, César Rosas Bermúdez e Vicente Iglesias como dirixentes do Sinticato de Oficios Varios.[1] Integrouse no grupo de César Rosas Bermúdez e Antonio Iglesias González. O 19 de abril de 1937 foi localizado por unha delación e asasinado xunto con Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas, compañeiros do grupo, en San Xoán do Monte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 19-9-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. ISBN 84-87783-79-1.
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.