Saltar ao contido

Antonio Iglesias González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Iglesias González
Biografía
Nacementoc. 1914 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
O Toural, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, maquis, ferreiro Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 4985


Antonio Iglesias González, nado en Vigo cara a 1914 e finado en Teis o 3 de abril de 1939, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Lavadores. Ferreiro axustador. Membro do Sindicato Metalúrxico da CNT de Vigo e das Juventudes Libertarias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu ao monte integrándose no grupo de César Rosas Bermúdez. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en San Xoán do Monte na súa procura. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados os compoñentes do grupo Olegario Collazo Lago, Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas en San Xoán do Monte.

O 3 de abril de 1939 cando estaba refuxiado con César Rosas Bermúdez na casa de Lucía Domínguez Eiroa no Toural, foron acurralados pola Garda Civil e suicidáronse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]