Ola a presión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha ola a presión.

Unha ola a presión é unha ola na cal os alimentos son cocidos a temperaturas por enriba do punto de ebulición da auga (100 graos Celsius) á presión ambiente, posibilitando por tanto un tempo de cocemento reducido.[1]

Estas olas, inventadas polo francés Denis Papin, a antiga "Marmita de Papin", están provistas de tapas que pechan hermeticamente o seu interior e de válvulas para que escape o vapor e permita a utilización segura. Normalmente existe unha válvula para o control da presión e unha válvula de seguranza, que se rompe por baixo da presión máxima que a ola soporta.

Este tipo de ola tamén se pode usar como esterilizador debido á alta temperatura que son capaces de alcanzar. Unha ola en estado normal, coa válvula e a frisa de goma da tapa en perfecto estado, chega a 120 °C.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ola a presión

Notas[editar | editar a fonte]