Oficios viles e mecánicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os oficios viles e mecánicos eran os artesanais ou manuais, incompatibles coa nobreza, na sociedade feudal e do Antigo Réxime. Baseábanse na tradición e o costume, e accedíase a eles polo sistema gremial de aprendizaxe.

O traballo manual era incompatible co modo de vida nobre, que debía ser o exercicio das armas e o mantemento da honra, non con gañarse a vida traballando. O mesmo pode dicirse do clero, aínda que o clero regular se serve do traballo, non tanto con fins produtivos senón como unha parte do seu ascetismo (regra de San Benito: ora et labora).

A denigración do traballo provén da Antigüidade clásica, asociada ao modo de produción escravista, e atópase xustificada, por exemplo, na filosofía de Platón e Aristóteles.

As profesións liberais ou artes liberais, é dicir, as que se basean no traballo intelectual e caracterízanse polo acceso a través de estudos universitarios, tiñan (aínda teñen) unha consideración superior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • DÍEZ, Fernando (190) Viles e mecánicos. Traballo e sociedade na Valencia preindustrial. Valencia, Edicions Alfons o Maganànim.(en castelán)
  • Mª Rosario Carrillo e Pedro Miralles Martínez (2002) O traballo da infancia e a mocidade na época do Barroco. O caso da seda murciana.[1] (en castelán)