Odaiba
Coordenadas: 35°37′48″N 139°46′30″L / 35.63, 139.775
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Odaiba | |
---|---|
Situación | |
País | Xapón |
Mar | Océano Pacífico |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa artificial |
Odaiba é unha illa artificial situada na Baía de Toquio. A illa construíuse orixinariamente como forte defensivo contra os ataques navais de 1853, non foi até a última década do século XX cando se expandiu como área comercial, residencial e de ocio.
Inicialmente erguéronse seis fortes protexidos con baterías de canóns. A palabra xaponesa ″daiba″ ten por significado un lugar (ba) para unha batería de artillaría (dai). E dado que a illa se gobernaba baixo o control directo do shogunato, engadíuselle o prefixo honorífico o-. Posteriormente, a illa gañoulle terreo ao mar con obras de recheo. [1]
Localización[editar | editar a fonte]
Pódese acceder á illa Odaiba desde o centro de Toquio cruzando a ponte Rainbow Bridge na liña Yurikamome. Esta é unha liña de tren automatizada que une Shimbashi con Toyosu, e que conta con varias paradas en Odaiba (15 min, 320 iens / 820 iens pase de día, non incluída no JR Pass). [2] Alternativamente, Odaiba é accesíbel en transporte público desde a estación de Osaki (liña Yamanote). Igualmente existen diversos cruceiros fluviais polo río Sumida que unen Asakusa e o parque Kasai Rinkai con Odaiba.
Historia recente[editar | editar a fonte]
Hoxe en día no Xapón coñécese a Daiba como un dos distritos que forman parte do barrio de Minato, mentres que o que recibe o nome de Odaiba inclúe, ademais, distritos doutros barrios da cidade.
A Odaiba contemporánea, forte foco de investimento inmobiliario, desacelerou a súa expansión na crise financeira xaponesa da década dos 90 cando os prezos na súa área residencial caeron nun 70%. [3]
Ao redor do ano 2010, coas melloras no transporte público e coa chegada de novas empresas á illa, así como a apertura de varios hoteis e centros de convencións, Odaiba comezou a súa recuperación e foco turístico. O que derivou na apertura dunha das únicas dúas praias da cidade de Toquio (na que non está permitido o baño). [4]
Turismo[editar | editar a fonte]
En Odaiba atopamos a réplica da Estatua da Liberdade, paralela á ponte do Rainbow Bridge.
O centro comercial DiverCity, especialmente coñecido polo seu Gundam, na versión Gundam Unicornio, a escala real co personaxe situado ás portas do local, aberto en 2012 para complementar a oferta turística da illa.
A sede de Fuji TV, obra do arquitecto xaponés Tange Kenzo en 1996 permite a entrada de visitantes e guía en aberto durante a gravación de programas e ao miradoiro do seu edificio.
Na illa o visitante pode achegarse á nora Daikanransha, de 115 metros de alto e inaugurada no ano 1999 que ten vistas sobre toda a baía.
Alí sitúase o centro Toyota Megaweb, un salón de exposicións de Toyota, con instalacións de ocio relacionadas co mundo do motor, seguridade vial, pistas de condución, coches en exposición etc.
Igualmente o Miraikan, o “Museo do Futuro”, o museo nacional xaponés de ciencia emerxente e innovación. Con áreas dedicadas á robótica xaponesa. Ou o Museo de Ciencia Marítima, con forma de embarcación.
O Oedo Onsen Monogatari, é un complexo con baños termais para todos os públicos. Este onsen está dividido nunha parte tradicional, segregada por sexos e baño nu; así como unha parte shitamachi, emulando unha cidade tradicional do período Edo e que esixe o pase vestido en yukata. [5]
A visita ao Tokyo Big Sight, centro de convencións ou ao Odaiba Marine Park, parque público.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dodd, Jan; Richmond Vazquez, Simon (2008). The Rough Guide to Japan. Rough Guides.
- ↑ Odaiba (en inglés)
- ↑ Odaiba Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Odaiba(en inglés)
- ↑ oedo onsen monogatari Arquivado 23 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)