Baía de Tokyo
| Tipo | baía | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Tokyo | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Tokyo, Xapón, Prefectura de Kanagawa, Xapón e Prefectura de Chiba, Xapón | ||||
| Localización | Kanto - 関東地方 | ||||
| |||||
| Bañado por | Baía de Sagami (pt) | ||||
| Composto por | |||||
| Características | |||||
| Profundidade | 700 m 40 m | ||||
| Superficie | 1.380 km² | ||||
A baía de Tokyo[1][2][3][4] (東京湾 Tōkyō-wan?) áchase ao sur da rexión de Kanto, entre a península de Boso ao leste, da Prefectura de Chiba, e a península de Miura ao oeste, da Prefectura de Kanagawa. O seu nome antigo é a baía de Edo.
A súa área total, incluíndo o canal de Uraga, é de 1320 kms², cunha extensión de 249 km² de terras gañadas ao mar. Alberga os portos de Tokyo, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka. Abriga unha única illa natural no seu interior, Saru, alén de diversas outras illas artificiais creadas nas eras Meiji e Taishō como fortificación navais. Está cercada por áreas de grande ocupación de poboación e de importantes industrias. Unha ponte-túnel une Kawasaki, na prefectura de Kanagawa, con Kisarazu (Chiba).
Na costa leste da baía, entre Tokyo e Yokohama, atópase a área industrial de Keihin, que se encontra alí dende a era Meiji, que se expandiu cara a área industria de Keiyo, polas costas norte e leste, despois da segunda guerra mundial.
Os portos de Tokyo, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka conteñen bases navais de forzas dos Estados Unidos no Xapón, ademais de Forzas da Mariña xaponesa.
Historia
[editar | editar a fonte]A baía de Tokyo foi escenario das negociacións do Comodoro Matthew Perry co bakufu xaponés na década de 1850, así como da maior parte dos contactos entre o Xapón e os europeos en vésperas da Restauración Meiji.
A fin da segunda guerra mundial é a rendición do Xapón, que se asinou a bordo do navío USS Missouri, ancorado na baía o 2 de setembro de 1945.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monorraíl.
- ↑ "Balonvolea". DRAG. Consultado o 25/09/2025.
- ↑ Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "Tokyo". Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya. pp. 26–27 F33; 28–29 F33. ISBN 84-207-6594-5.
A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].
- ↑ "Tokyo [Tokyo]". Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 105. ISBN 84-7680-429-6.
