Octocoraliarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Octocorallia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Octocoraliarios
Octocorallia
Sea Fan.jpg
Octocoraliario en Anacapa Island, California
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Octocorallia
Haeckel, 1866
Ordes
Véxase o texto
Dendronephthya klunzingeri, un coral brando

A dos octocoraliarios,[1] cientificamente Octocorallia, tamén coñecidos como alcionarios (Alcyonaria),[2] é unha subclase de cnidarios da clase dos antozoos.[3]

A sublase comprende ao redor de 3 000 especies de organismos formados por pólipos coloniais de simetría octogonal. Inclúee os corais brandos, o coral azul, e as gorgonias.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subclase foi descrita en 1866 polo filósofo e biólogo alemán Ernst Haeckel,[3] na súa obra Generelle Morphologie der Organismen: allgemeine Grundzüge der organischen Formen-Wissenschaft, mechanisch begründet durch die von Charles Darwin reformirte Descendenz-Theorie.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

  • Alcyonaria

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subclase subdivídese nas seguintes ordes:[3][4]

Existindo ademais varios xéneros de octocoraliarios incertae sedis.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Estes organismos teñen un esqueleto interno calcario segregado pola mesoglea e pólipos con oito tentáculos.

Como ocorre con todos os cnidarios teñen un ciclo de vida complexo que inclúe unha fase móbil (que se considera como parte do plancto) e unha fase sésil característica posterior.

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Os octocoraliarios existiron polo menos desde o ordovícico, como mostran os achados de Maurits Lindström na década de 1970.[6] Porén, traballos recentes demostran que posibelmente datan do cámbrico.[7]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Noras[editar | editar a fonte]

  1. octocoraliarios no Dicionario da RAG.
  2. Alcyonaria no Merriam-Webster Dictionary.
  3. 3,0 3,1 3,2 Octocorallia no WoRMS.
  4. Daly, M. et al. (2007): ""The Phylum Cnidaria. A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.
  5. Cordeiro, R.; McFadden, C.; van Ofwegen, L. & Williams, G. (2020): World List of Octocorallia. Octocorallia incertae sedis.
  6. Bergström, Stig M.; Bergström, Jan; Kumpulainen, Risto; Ormö, Jens; Sturkell, Erik (2007). "Maurits Lindström – A renaissance geoscientist". GFF 129 (2): 65–70. 
  7. Taylor, Paul D.; Berning, Björn; Wilson, Mark A. (Novembro de 2013). "Reinterpretation of the Cambrian ‘bryozoan’ Pywackia as an octocoral". Journal of Paleontology 87 (6): 984–990.