Saltar ao contido

Obi-Wan Kenobi (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Obi-Wan Kenobi
FormatoAcción, aventuras
Desenvolvido porLucasfilm
Dirixido porDeborah Chow
IntérpretesEwan McGregor
Tema de apertura
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios6
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Duración36–53 minutos
DistribuidorDisney Platform Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeDisney+
Primeiro episodio27 de maio de 2022
Derradeiro episodio22 de xuño de 2022
Na rede
https://www.disneyplus.com/en/series/obi-wan-kenobi/2JYKcHv9fRJb
IMDB: tt8466564 Filmaffinity: 983718 Allocine: 25501 Rottentomatoes: tv/obi_wan_kenobi Metacritic: tv/obi-wan-kenobi
Facebook: obiwankenobiofficial Twitter: obiwankenobi Instagram: obiwankenobi Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Obi-Wan Kenobi é unha miniserie estadounidense creada para o servizo de streaming Disney+. Forma parte da franquía da Guerra das galaxias e está protagonizada por Ewan McGregor como Obi-Wan Kenobi, quen retoma o seu papel dende a triloxía precuela da Guerras das galaxias. A serie está ambientada após os acontecementos de Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005), e conta como Kenobi é enviado a rescatar a Princesa Leia que foi secuestrada (Vivien Lyra Blair) polo Imperio Galáctico, o cal provoca un enfrontamento co seu aprendiz, Darth Vader (Hayden Christensen).

O proxecto orixinouse nun principio como un filme escrito por Hossein Amini e dirixido por Stephen Daldry, mais foi reelaborado como unha serie limitada tras o fracaso comercial de Solo: A Star Wars Story (2018). Confirmouse que McGregor protagonizaría en agosto de 2019 e Deborah Chow foi contratada para dirixir un mes despois. A produción estaba programada para comezar en xullo de 2020, mais a serie suspendeuse en xaneiro de 2020 porque Lucasfilm non estaba satisfeito cos guións. Joby Harold foi contratado para reescribir a serie e servir como showrunner en abril de 2020, como produtor executivo con Chow, McGregor, Kathleen Kennedy e Michelle Rejwan. O casting adicional tivo lugar en marzo de 2021, e incluíu no resto do elenco a Joel Edgerton, Bonnie Piesse, Jimmy Smits, James Earl Jones e Christensen retomando os seus papeis na triloxía precuela. A rodaxe comezou en maio de 2021 nos Ánxeles, utilizando a tecnoloxía StageCraft videowall, e rematou en setembro. Natalie Holt compuxo a partitura, mentres que o compositor de filmes de Star Wars John Williams escribiu o "Tema de Obi-Wan", que foi adaptado por William Ross.

Os dous primeiros episodios de Obi-Wan Kenobi estreáronse o 27 de maio de 2022. Os catro episodios seguintes lanzáronse semanalmente ata o 22 de xuño. A serie recibiu críticas xeralmente positivas; os críticos eloxiaron a actuación de McGregor, mais algúns criticaron o guión.

Dez anos despois dos eventos de Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005) nos cales os Jedi foron destruídos pola Orde 66]] e o aprendiz de Obi-Wan Kenobi, Anakin Skywalker, se converteu no Sith Lord Darth Vader, Kenobi agóchase no planeta Tatooine, vixiando o fillo de Anakin, Luke. Un día recibe a misión de rescatar a filla de Anakin, Leia, que foi raptada polos inquisidores cazadores de Jedi do Imperio Galáctico.[1][2][3] Isto provoca un enfrontamento entre Kenobi e Vader.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Future Lucasfilm Projects Revealed". StarWars.com. 10 de decembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2020. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Bonomolo, Cameron (11 de decembro de 2020). "Star Wars: Obi-Wan Kenobi Footage Description from Disney Investor Day 2020". ComicBook.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  3. Britt, Ryan (27 de maio de 2022). "'Obi-Wan Kenobi' just fixed a 45-year-old Star Wars plot hole". Inverse. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022.