O sonoro maxín
O sonoro maxín | |
---|---|
Orixe | Ourense, Galiza |
Período | 2007 - actualidade |
Xénero(s) | Cumbia, Reggae, Verbena, Popular, Fusión |
Na rede | |
Páxina oficial |
O sonoro maxín é unha banda xurdida en Ourense no verán de 2007 na xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro[1] e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. Remataron o 2010 cunha xira por Portugal que os levou desde a setentrional Chaves ata a meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua.
No 2011 prepararon e gravaron o seu primeiro disco, A onda sonora (chega do interior), nos Garate Studios (País Vasco), contando coa produción de Kaki Arkarazo e o deseño de David Rubín. O disco sae á luz en abril de 2012. Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 foron o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña). En abril de 2017[2] publícase o seu novo álbum de estudio Sete Dezasete, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch. En maio reciben o IV Premio Martín Codax da Música ao mellor grupo galego na categoría "Reggae/Ska/Mestizaxe"[3]
Membros
[editar | editar a fonte]Os membros da formación son:
- Ico: voces
- Abraham o neno: guitarras
- Cristina Asenjo: acordeón
- Xurxo Brea: baixo
- Jaime Mateo: batería
- Miguel Xanceda: son en directo
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- A onda sonora (chega do interior), Inquedanzas sonoras, 2012[4]
- Sete Dezasete, Inquedanzas sonoras, 2017
Colaboracións en obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 120 capadores. Homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto. Falcatruada, 2007
- GZPOP! A nova fornada de rock en galego. Falcatruada, 2008
- Pirritx eta Porrotx, Irrien lagunak. Katxiporreta, 2009
- EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois de A esmorga. Difusora de letras, artes e ideas, 2009
- A tribo toda baila. Homenaxe a Os Resentidos. Warner music, 2012
- Os Bolechas fan unha banda. Bolanda, 2013
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estreno mundial de la cumbia y los ritmos de O Sonoro Maxín". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-12-27. Consultado o 2017-02-02.
- ↑ "O Sonoro Maxín presenta su disco "Sete Dezasete"". La Región. 2017-04-24.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2017. Consultado o 14 de maio de 2017.
- ↑ Rubín, David. de tripas corazón, ed. "o sonoro maxín". Consultado o 16 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O sonoro maxín |