Saltar ao contido

O soño da muller do pescador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O soño da muller do pescador
ArtistaHokusai Katsushika
Data1814
TécnicaXilografía
Dimensións19 cm × 27 cm

O soño da muller do pescador (蛸と海女 tako to ama?, Os polbos e a mergulladora) é unha xilografía erótica pertencente ó xénero ukiyo-e realizada en 1814 polo artista xaponés Hokusai Katsushika. Hokusai desenvolveu unha iconografía durante o século XVIII arredor da lenda de Taishokan.

Seguindo o exemplo de artistas como Katsukawa Shunshô, Katsukawa Shunchō ou Kitao Shigemasa, a obra de Hokusai mostra a unha moza mergulladora Ama entrelazada sexualmente xunto a dous polbos, o máis pequeno deles envolve cun dos seus tentáculos a mamila da rapariga e bícaa, mentres que o máis grande practica un cunnilingus. O polbo grande chámase Oyakata (Xefe) e é coach do polbo pequeno.

Hokusai creou O soño da muller do pescador durante o período Edo, cando rexurdía o xintoísmo; isto tivo influencias sobre o animismo e sobre a actitude pícara ante a sexualidade na obra. É un soado exemplo de shunga e foi recomposto por numerosos artistas xaponeses e temas similares de humanos tendo relacións sexuais con animais mariños, que se manifestaron dende o século XVII nos netsuke xaponeses, pequenas estatuas esculpidas duns poucos centímetros de alto e a miúdo moi elaboradas. Igualmente, a partir de finais do século XIX, grazas ó desenvolvemento do xaponismo, artistas europeos como Rodin e Picasso realizaron novas versións eróticas desta obra de Hokusai.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]