O párroco de Vejlby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O párroco de Vejlby
Título orixinalPræsten i Vejlbye
Autor/aSteen Steensen Blicher
OrixeDinamarca
LinguaDinamarqués
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Dinamarca 1829
Galicia 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas70
ISBNISBN 978-84-949713-8-9 (gl)
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

O párroco de Vejlby (en dinamarqués: Præsten i Vejlbye) é unha novela de crime e misterio escrita en 1829 polo autor dinamarqués Steen Steensen Blicher. A novela está baseada nun caso de asasinato auténtico que ocorreu no ano 1626 na vila de Vejlby, preto de Grenå, en Dinamarca, a cal Blicher coñecía parcialmente a través da Historia da Igrexa Dinamarquesa de Erik Pontoppidan (1741), e en parte a través da tradición oral.[1] O relato tráxico de Blicher foi adaptado ó cinema tres veces por directores dinamarqueses.

Foi traducida ó galego por Alejandro Tobar[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Steen Steensen Blicher's footnotes to Præsten i Vejlbye (Nordlys X, 1829)". The Archive of Danish Literature. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 02 de outubro de 2019. 
  2. Hugin e Munin (ed.). ""O párroco de Vejlby" en Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]