Saltar ao contido

O home que era Xoves

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O home que era Xoves
 Título
The Man Who Was Thursday Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Tradutor/a
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Editorial
 Edicións
Datas
 Data de publicación
1908 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Open LibraryOL76487W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/025njm Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O home que era Xoves (título orixinal en inglés The Man Who Was Thursday: A Nightmare) é unha novela de G. K. Chesterton, publicada en 1908. Foi traducida ao galego por Marta Verán Pais e publicada por 2.0 editora en 2010. Está ambientada en Londres e contextualizada no mundo do anarquismo de comezos do século XX.

Gabriel Syme é un poeta londiniense, recrutado por un destacamento contra-anarquista de Scotland Yard. Logo dunha fonda discusión con Lucian Gregory, un poeta anarquista de Saffron Park, Gregory leva a Syme a unha reunión de anarquistas locais. Alí, o axente Syme válese do seu enxeño para ser elixido representante local no Consello Europeo Central do Anarquismo. Este consello está formado por sete homes, cada un dos cales adopta como alcume o nome dun día da semana, e Syme ocupa o lugar do Xoves. O presidente do consello, Domingo, é un home de gran tamaño que atemoriza e atrae a un tempo ao resto dos membros.

Na reunión acórdase levar a cabo un atentado terrorista en París contra o tsar de Rusia. No seu afán para desbaratalo, Syme descobre que, agás o presidente, os outros membros do Consello son tamén detectives encubertos de Scotland Yard, e que foron enganados por Domingo para loitaren entre eles en vez de combater o anarquismo.

Finalmente, nunha reunión entre os seis axentes, e Domingo, descobren que este era en realidade o mesmo home que os recrutaba. Os axentes pensaban que a persoa que os recrutaba buscaba unha brigada de persoas intelixentes e preparadas, pero decátanse de que foron enganados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ficha na web da editorial.