Saltar ao contido

O españolismo lingüístico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O españolismo lingüístico
Título orixinalO españolismo lingüístico
Autor/aManuel Rodríguez Alonso
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Tema(s)nacionalismo español e lingua castelá
Xénero(s)ensaio
Data de pub.2004
Na rede
BNE: XX3324326
editar datos en Wikidata ]

O españolismo lingüístico é un ensaio do lingüista galego Manuel Rodríguez Alonso, publicado na Coruña en 2004 por Espiral Maior, baixo a dirección editorial de Miguel Anxo Fernán Vello. A obra trata sobre a lingua castelá e a súa situación de dominio sobre o resto de linguas faladas no Estado español.

Os argumentos antigaleguistas e españolistas dos filólogos e lingüistas da chamada escola filolóxica española, espallados por libros de texto e facultades de filoloxía, esténdense por todo o Estado e explican o actual centralismo lingüístico e cultural. Velaquí unha completa revisión histórica do españolismo lingüístico oficial: os seus mitos, a súa orixe, as súas "teorías" e a súa influencia cultural e política
Presentación editorial