A obra está protagonizada por Ruliño. Despois da presentación do neno hai dez capítulos: "O cabaliño de buxo", "Na romaría", "Augardente", "A carta", "O reló", "O retrato", "O niño da rula", "O circo", "Un meniño" e "Na escola".
A primeira edición saíu do prelo o 17 de maio de 1971 tiña a portada deseñada por Isaac Díaz Pardo. O libro foi publicado de novo por Ediciós do Castro en 1977 e 1979, e ao igual ca na primeira edición incluía un glosario. En 1992 saíu do prelo a 12ª edición. Foi ilustrado sucesivamente por Xosé Conde Corbal, Xosé Díaz e Xosé Vizoso.[1]