O altar de Tetschen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
O altar de Tetschen.

O altar de Tetschen é unha obra pictórica do pintor alemán romanticista Caspar David Friedrich. Nun orixe o cadro foi ideado para enviarllo o rei de Suecia como símbolo de esperanza na guerra contra Napoleón, pero foi imposible envialo e terminou sendo vendido ós condes católicos von Thun-Hohenstein; rematando na capela do castelo de Tetschen.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

A obra, tamén coñecida como A cruz das montañas, foi creada entre 1807 e 1808, en esta época Alemaña fora conquistada tras una humillante derrota realizada a Prusia por parte de Napoleón; e as novas ideas políticas que traía consigo a revolución francesa comenzaban a extenderse tras a conquista de Bonaparte. Neste contexto non faltaron críticos ó cadro como Friedrich Wilhelm Basilius von Ramdohr chanceler saxón quen comparaba a obra co “calamitoso espírito destes tempos” espantado pola ruptura que supuña con todo o anterior e a buscada relixosidade da representación dunha paisaxe.

A obra[editar | editar a fonte]

Na imaxe preséntasenos un primeiro plano que altera a perspectiva, non existindo tampouco profundidade, polo que resulta imposible fixar a posición do espectador, xa que hai numerosos puntos de vista. Representa o ocaso a luz e compárase co mundo antigo, desaparecido coa doutrina cristiá.

O marco tamén foi diseñado por David e creado por un escultor oriundo de Dresde; de estilo gótico. Os querubíns do marco superior corresponden cos 5 raios do bordo inferior. Aparece un feixe de trigo e unha rama de vide aludindo á Eucaristía, xunto ó ollo que todo o ve de Deus.

Algún autor defende a non relixiosidade do mesmo, pero sábese que Friedrich foi un gran devoto, protestante e que o cadro foi exposto xustamente o día de Nadal.

Trátase dun antes e un despois, na representación relixiosa, combinando paisaxe e elementos relixiosos, e o punto de vista distante é completamente novo nunha crucifixión propia do este de Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LEGRAND, J., SOLER LLOPIS ,J., MASAFRET SEOANE ,M.: El arte romántico. Barcelona , Larousse, 2007
  • HONOUR, H., El Romanticismo. Madrid, Alianza Editorial, 1986.
  • TOMAN, R., Neoclasicismo y romanticismo. Arquitectura. Escultura. Pintura. Dibujo. 1750-1848. Barcelona, Könemann. 2006.