Saltar ao contido

O acoirazado Potemkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acoirazado Potemkin
Póster do Acoirazado Potemkin
Ficha técnica
Título orixinalБроненосец «Потёмкин»
DirectorSergei Eisenstein
ProdutorJacob Bliokh
GuiónNina Agadzhanova
Nikolai Aseyev
Sergei Eisenstein
Sergei Tretyakov
FotografíaEduard Tisse
DistribuidoraGoskino
Estrea1925
Duración69 minutos
OrixeUnión Soviética Unión Soviética
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0015648 Filmaffinity: 961390 Allocine: 89979 Rottentomatoes: m/battleship_potemkin Mojo: tt0015648 Allmovie: v106442 TCM: 327274 Metacritic: movie/battleship-potemkin TV.com: movies/the-battleship-potemkin-enhanced-edition-1925 Netlix: 868691 Editar o valor en Wikidata
O acoirazado Potemkin

O acoirazado Potemkin (ruso: Броненосец «Потёмкин», Bronenosets Potyomkin) é un filme mudo soviético de 1925 dirixido por Sergei Eisenstein e producido por Mosfilm. Foi unha película de encarga para conmemorar os vinte anos da infrutuosa revolución de 1905.

O filme ten por base feitos reais que sucederon no porto de Odesa en 1905, os mariñeiros do Potemkin reveláronse contra os seus oficiais polos continuos maltratos. Cheo de imaxes expresivas cunha forte sensibilidade estética que está ao servizo dun significado político: O acoirazado Potemkin representa a magnificación da figura das masas formada por homes conscientes e as causas colectivas que poden transformar o mundo.

O filme componse de cinco episodios:

  • Homes e vermes (Люди и черви)
  • Drama no porto (Драма на тендре)
  • O morto clama vinganza (Мёртвый взывает)
  • A escaleira de Odesa (Одесская лестница)
  • Encontro coa escuadra (Встреча с эскадрой)

Considerado un dos máis influentes de todos os tempos, Eisenstein foi precursor no uso de efectos especiais, usou contrastes e relacións de corte e montaxe que aínda hoxe serven como base para a realización de filmes, unha das súas escenas converteuse nunha das máis famosas do cine, é o momento no que os cosacos disparan contra o pobo para que rematasen o seu apoio aos rebeldes, nese momento unha bala alcanza unha nai que corría cun carriño de bebé que cae escaleiras abaixo ao morrer a nai.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Masacre nas escaleiras de Odesa.
  • Aleksandr Antonov como Grigory Vakulinchuk (Bolshevik Sailor)
  • Vladimir Barsky como Comandante Golikov
  • Grigori Aleksandrov como Oficial xefe Giliarovsky
  • Ivan Bobrov como Mariñeiro afogado mentres durmía (I. Bobrov)
  • Mikhail Gomorov como Mariñeiro militar
  • Aleksandr Levshin como Oficial axudante
  • N. Poltavseva como Muller con alicates
  • Konstantin Feldman como Estudante axitador
  • Beatrice Vitoldi como Muller co carriño de bebé

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]