O Sisto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Sisto
Igrexa de Santa María do Sisto, Ourol.jpg
Igrexa parroquial de Santa María no lugar do Vilariño.
Diocese: Mondoñedo-Ferrol
Arciprestado: Viveiro
Área: - km²
Poboación: 56 hab. (2014)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 20

Santa María do Sisto é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Viveiro da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cuxo territorio se estende polos concellos de Ourol e Muras. No ano 2014 tiña 56 habitantes (49 en Ourol e 7 en Muras), dos cales 24 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2007.

Dos 20 lugares da parroquia, 17 están no concello de Ourol (Cabanas, Os Campos, O Cargadoiro, A Carreira, O Carrusco, Cebrán, A Cernada, O Coto da Rega, O Couce de Paredes, Lombao, Nogueira, O Pé da Veiga, As Pereiras, A Rega, Silvoso, O Sisto e O Vilariño) e 3 no concello de Muras (Os Casás, Muruás e Piocorto).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]