O Muíño do Vento, Trasancos, Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Muíño do Vento
Muíño de Vento.JPG
Restos do muíño de vento que lle dá nome ó lugar
ParroquiaTrasancos
ConcelloNarón
Poboación(2017)
editar datos en Wikidata ]

O Muíño do Vento é un lugar da parroquia de Trasancos no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 69 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 33 homes e 36 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 80 habitantes.

A orixe do topónimo é debida a que neste lugar atópanse os restos dun muíño de vento. Este muíño está construído en cachotería, con linteis de cantería, mais só conserva a estrutura posto que o tellado e a maquinaria ten xa desaparecido. A data de construción establécese a finais do século XVIII.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Trasancos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Trasancos no concello de Narón

A Barcia | O Bidueiro | Caaveiro | O Calvario | A Calliqueira | O Campo das Ratas | O Carabuchal | O Curro | Fontela | A Igrexa | A Lavandeira | Leiras | O Muíño do Vento | Paxarón | A Pena | A Ruxida | A Vacariza | O Vilar |As Viñas


Parroquias de Narón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)