Saltar ao contido

O Gaiteiro de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gaiteiro de Lugo
Imaxe
 Instancia de
 Título
O Gaiteiro de Lugo (gl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1857 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1857 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 127391 Galiciana: 579842
Wikidata

O Gaiteiro de Lugo é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica na cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de Calendario de Galicia e máis adiante Calendario Gallego, non foi ata 1927 cando adoptou a actual cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.

Fundouse grazas ao traballo do impresor e activista cultural Manuel Soto Freire e logo en 1889 pasou a mans de Gerardo Castro Montoya, continuando a súa publicación o seu fillo, Gerardo Castro Lamas, que continuaron a numeración e estilo do anterior.

Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias; progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de 1936 por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüísmo durante todo do franquismo. En 1963 Gerardo Castro vendeu o calendario a La Región que o seguiu publicando ata 1973. En 1996 a Deputación de Lugo decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50 000 exemplares. Antonio Noriega Varela foi un colaborador habitual.

Predicións, brincadeiras, as lúas, as datas das feiras, consellos para o cultivo da vide, prognósticos do tempo, refráns, adiviñas ademais o habitual santoral e previsións meteorolóxicas acompañan a outros textos de maior entidade literaria destes almanaques agrícolas en galego que como O Mintireiro Verdadeiro permitiron o uso continuado do galego, mesmo nos anos máis difíciles do franquismo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]