OSIRIS-REx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
OSIRIS-Rex
OSIRIS-REx Artist’s conception (square crop).jpg
Representación de OSIRIS-REx arredor de Bennu.
TipoCientífico.
FabricanteLockheed Martin Space Systems
OrganizaciónUniversidade de Arizona/NASA
Data de lanzamento8 de setembro de 2016, 23:05 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas 5[1][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 41[1][6]
Obxectivo da misiónEstudo e retorno de mostras do asteroide 101955 Bennu.[1][6]
NSSDC ID2016-055A
Masa1528 kg[1]
DimensiónsAproximadamente cúbica, 2,72 m de altura x 3,1 m de ancho.
OSIRIS-REx mission logo (circa 2015).png
Insignia da misión

OSIRIS-REx (Origins, Spectral Interpretation, Resource Identification, Security, Regolith Explorer) é unha sonda espacial da Universidade de Arizona e da NASA lanzada o 8 de setembro de 2016 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar e recoller mostras do asteroide 101955 Bennu.[1][6][5]

Características[editar | editar a fonte]

OSIRIS-REx é a terceira misión do programa New Frontiers. Foi deseñada para estudar e recoller mostras dun asteroide próximo á Terra, 101955 Bennu, un asteroide carbonáceo de categoría Apolo, potencialmente perigoso. Os obxectivos de OSIRIS-REx son:

  • Traer á Terra polo menos 60 gramos de material do asteroide, e ata un máximo de 2 kg.
  • Cartografar as propiedades globais do asteroide, químicas e mineralóxicas.
  • Documentar a textura, morfoloxía, química e propiedades espectrais do sitio de recollida de mostras.
  • Medir a desviación da órbita do asteroide a causa de forzas non gravitatorias, como o efecto Yarkovsky.
  • Caracterizar as propiedades globais do asteroide comparándoo coas observacións desde terra.

A nave foi lanzada o 8 de setembro de 2016 e chegou Bennu en decembro de 2018, estudandoo ata a recollida de mostras que tivo lugar en outubro de 2020. OSIRIS-REx deixará Bennu en 2021 para enviar as mostras recollidas nunha cápsula de reentrada atmosférica na Terra en setembro de 2023.[1][6][5]

A forma da nave é aproximadamente cúbica, con 2,72 m de altura e 3,1 m de ancho, e con dous paneis solares cunha superficie total de 8,5 m2 que xeran enerxía que é almacenada en varias baterías de ións de litio. A masa ao lanzamento, incluído propelente, era de 1529 kg. O sistema de propulsión usa propulsores de 200 N de pulo alimentados por hidracina e as comunicacións teñen lugar a través dunha antena parabólica de 2 m de diámetro. O mecanismo de recollida de mostras usa un brazo robótico denominado TAGSAM (Touch and Go Sample Acquisition Mechanism) cun cabeceiro cun área de recolección e un sistema de chorros de nitróxeno para mover o regolito da superficie do asteroide e metelo no sistema de captura.[1][6][5]

Ademais do sistema de recollida de mostras OSIRIS-REx leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][6][5]

  • OSIRIS-REx Camera Suite (OCAMS), un conxunto de cámaras.
  • OSIRIS-REx Laser Altimetry (OLA), un altímetro láser para estudar a forma do asteroide.
  • OSIRIS-REx Visible and IR SPectrometer (OVIRS), un espectrómetro para lonxitudes de onda visibles e infravermellas.
  • OSIRIS-REx Thermal Emission Spectrometer (OTES), un espectrómetro para estudar a emisión térmica do asteroide.
  • Spacecraft Telecom, para facer experimentos de gravedade e calcular a masa de Bennu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (14 de maio de 2020). "OSIRIS-REx" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  2. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "OSIRIS-REX" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "OSIRIS-REx" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  4. "Note verbale dated 31 May 2017 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-09009 (E)). 21 de decembro de 2017: 2. Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OSIRIS-REx (New Frontiers 3)" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2020). "OSIRIS-Rex" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]