Saltar ao contido

OICETS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OICETS / Kirari
TipoComunicacións / experimental
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento23 de agosto de 2005, 21:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDnepr[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Obxectivo da misiónDemostración tecnolóxica de comunicacións ópticas.[2][6]
NSSDC ID2005-031A
Masa600,0 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6961 km[1]
Inclinación98,1 graos[1]
Apoapse605,0 km[1]
Periapse576,9 km[1]

OICETS (acrónimo de Optical Inter-orbit Communications Engineering Test Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kirari, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de agosto de 2005 mediante un foguete Dnepr desde o Cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

OICETS foi un satélite de comunicacións experimental lanzado para probar a comunicación óptica, mediante láser, entre satélites en órbita, separados miles de quilómetros entre eles. Para iso levaba a bordo o instrumento LUCE (Laser-Utilizing Communications Equipment), consistente nun pequeno telescopio duns 25 cm de diámetro, que funcionaba como transmisor e receptor para establecer contaco co satélite de comunicacións experimental europeo Artemis, a máis de 30.000 km de distancia. OICETS estudou o efecto das vibracións sobre o apuntado do láser, que tiña que ter unha precisión de milésimas de grao.[2][5][6]

OICETS foi deixado de usar o 24 de setembro de 2009, moito despois do ano inicialmente previsto de vida para o satélite.[2][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "OICETS" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "OICETS" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 
  3. "Note verbale dated 13 February 2006 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". 5 de marzo de 2008. ST/SG/SER.E/486. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "OICETS / Kirari" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "OICETS (Kirari)" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Kirari" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]