Artemis (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artemis
Artemismodrp.jpg
Modelo de Artemis a escala real.
Tipo Comunicacións.
Organización ESA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 12 de xullo de 2001[1][2][3]
Foguete portador Ariane 5[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Kourou[2]
Obxectivo da misión Satélite de comunicacións.[2]
NSSDC ID 2001-029A
Masa 3105 kg[4]
Dimensións 4,8 metros de alto x 25 metros de longo (cos paneis solares estendidos)[5]
Potencia 2,5 kW[2][6][5]
Inclinación 9,5°[1]
Apoapse 35.806,8 km[1]
Periapse 35.779,8 km[1]

Artemis (acrónimo de Advanced Relay And Technology Mission) é un satélite de comunicacións xeosincrónico da ESA lanzado o 12 de xullo de 2001 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Artemis é de por un lado probar novas tecnoloxías e por outro proporcionar servizos de comunicacións. Leva tamén elementos do sistema EGNOS (European Geostationary Navigation Overlay Service).

Tralo lanzamento un problema impediu que a última etapa do foguete situara o satélite na órbita xeoestacionaria, quedando nunha órbita de 590 x 17487 km e unha inclinación de 2,94 graos. Para resolve-lo problema de achegar ata a órbita xeoestacionaria planificáronse unha serie de pasos consistentes no uso do motor químico de apoxeo conxuntamente co sistema de propulsión iónica de a bordo, concibido inicialmente só para manter a posición do satélite unha vez situado na órbita xeoestacionaria.[5] Artemis acadou a súa órbita de traballo en 2003 e participou, entre outros experimentos, na comunicación mediante láser co satélite experimental xaponés OICETS (tamén coñecido como Kirari).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «ARTEMIS» (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (4 de novembro de 2011). «Artemis» (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  3. «Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General» (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784(E)). 9 de setembro de 2003. Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «Artemis» (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 aerospace-technology.com, ed. (2011). «Artemis Telecommunications Satellite» (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  6. Mark Wade (2011). «Artemis» (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. «OICETS (Kirari)» (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]