Nueva Cañiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nueva Cañiza foi un semanario editado na Cañiza entre 1927 e 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado inicialmente Semanario local independiente defensor de los intereses de la comarca apareceu en xuño de 1927. Tivo unha segunda época a partir de 1929 e en 1931 cambiou o subtítulo por Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca. Editado en Ribadavia na imprenta de El Ribadaviense, estivo dirixido por Modesto Álvarez Vázquez e despois por Gerardo Fuertes Gómez. Ofrecía información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Buenos Aires ou Río de Xaneiro. Na súa segunda etapa caracterizouse polo espírito progresista, o apoio ao réxime republicano e o entusiasmo polo Estatuto de Galicia. Incluíu espazos en galego. Entre os seus colaboradores figuraron Valentín Paz-Andrade e Álvaro das Casas. Cesou a súa publicación en 1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]