Saltar ao contido

Nueva Alianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Nueva Alianza
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2006 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
Facebook: nuevalianzadeares Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Nueva Alianza (NAL) é unha formación política independente do concello de Ares (A Coruña), creada en 2006 e cuxa presidente era María Flor Mariño Maroño.[1]

Xurdiu trala ruptura da práctica totalidade do grupo municipal do Partido Popular, que ostentaba a Alcaldía con maioría absoluta, en xaneiro de 2007. O día 16 dese mes os cinco edís que acompañaban ao alcalde, José Manuel Cendán, no grupo anunciaban o abandono da disciplina do PP e a creación dunha nova forza.

Luis Cendán, ata entón primeiro tenente de alcaldía e irmán xemelgo do rexedor, liderou a candidatura nas eleccións municipais de maio de 2007. Colleitou unha acta de concelleiro, que lle correspondeu a el mesmo, tras obter 317 votos (8,43% do total). Nas eleccións de 2015 mantivo o seu concelleiro con 278 votos (8,38% do total), e tamén o mantivo nas eleccións de 2019 e 2023.

  1. "NAL". eljuzgado.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2026.