Noriaki Kasai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noriaki Kasai
20170105 VST Bischofshofen 2734.jpg
Nacemento6 de xuño de 1972
 Shimokawa
NacionalidadeXapón
Ocupaciónsaltador de esquí
editar datos en Wikidata ]

Noriaki Kasai (葛西 紀明, かさい のりあき, Kasai Noriaki), nado o 6 de xuño de 1972 en Shimokawa, Hokkaidō é un saltador de esquí xaponés.

En 1992 gañou o seu primeiro campionato importante, o Campionato do Mundo de Salto de Esquí de Harrachov. Coneguiu a medalla de prata en trampolín grande por equipos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 de Lillehammer. Nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico obtivo un total de cinco medallas, dúas pratas (trampolín grande por equipos: 1999, 2003) e tres bronces (trampolín individuall: 2003, trampolín grande individual: 2003, e trampolín grande por equipos: 2007). Kasai tamén gañou a competición de salto de esquí no Festival de esquí de Holmenkollen en 1999. Kasai competiu en cinco xogos olímpicos, o seu mellor posto individual foi un quinto lugar en trampolín grande nos Xogos de 1994.

O 28 de febreiro de 2004, ós 31 anos e 8 meses de idade, Kasai converteuse no máis vello dos gañadores dunha proba da Copa do Mundo.