Saltar ao contido

Noir Désir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noir Désir
OrixeBordeos, Aquitania, Occitania, Francia
Período1980 - 2010
Xénero(s)Post-punk, rock alternativo, grunge[1]
Selo(s) discográfico(s)Barclay Records
Antigos membrosBertrand Cantat
Jean-Paul Roy
Denis Barthe
Serge Teyssot-Gay
Frédéric Vidalenc
Na rede
https://www.noirdez.com/
Youtube: UCi-QBtnQ_pccd3NOwJhqwog Spotify: 4ksCwAPgMi8rkQwwR3nMos iTunes: 26259268 Musicbrainz: e6358374-5eea-4205-be22-382ed6df493c Songkick: 448846 Discogs: 85007 Allmusic: mn0000452048 Editar o valor en Wikidata

Noir Désir foi unha banda de rock francés. Fundado en 1985, o grupo publicou 12 álbums nun intervalo de 20 anos. Foi un dos grupos de rock máis populares de Francia.[2][3]

O grupo atraeu a atención do público co sinxelo Aux Sombres héros de l'amer, presente no seu segundo disco, que se tornou en éxito nas radios francesas.[4] Este segundo álbum, Veuillez rendre l'âme (á qui elle appartient), foi publicado pola Barclay, controlada pola gravadora multinacional Universal, en 1989. Desde entón a súa produción musical foi publicada so o mesmo selo.

En 2004 o vocalista e compositor Bertrand Cantat foi condenado a 8 anos de prisión nun tribunal en Vilnius por homicidio culposo. Un ano antes, batera na súa parella, a actriz Marie Trintignant, que tras uns días en coma, faleceu.[5]

Integrantes

[editar | editar a fonte]
  • Bertrand Cantat - compositor e vocalista
  • Serge Teyssot-Gay - guitarrista
  • Denis Barthe - batería
  • Frédéric Vidalenc - baixista (até 1996)
  • Jean-Paul Roy - baixista (desde 1996)

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Où veux ti qu'je r'garde? (1987)
  • Veuillez rendre l'âme (á qui elle appartient) (1989)
  • Du ciment sous les plaines (1991)
  • Tostaky (1993)
  • Dies Irae (live) (1994)
  • 666667 Club (1996)
  • One Trip / One Noise (1998 - remixes)
  • En route pour la joie (2000 - compilación)
  • des Visages des Figures (2001)
  • Nous n'avons fait que fuir (2004)
  • Noir Désir en public (2005)
  • Noir Désir en images (DVD) (2005)
  1. "MOVE OVER SEATTLE: FRANCE HAS ITS OWN GRUNGE-ROCK". The Christian Science Monitor (París: Christian Science Publishing Society). Associated Press. 18 de agosto de 1993. ISSN 0882-7729. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  2. Chronicle Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en francés)
  3. France-Mail-Forum Nr. 31: Informations culturelles Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en francés)
  4. La biographie de Noir Desir Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)
  5. "Observatorio da Imprensa - Materias - 07/10/2003". Arquivado dende o orixinal o 2008-04-11. Consultado o 2007-01-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]