Noelene Nabulivou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoelene Nabulivou
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFidxi Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónassessora política (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Noelene Nabulivou, é unha activista e portavoz de Fidxi sobre o cambio climático, o desenvolvemento sustentábel, e a igualdade de xénero.[1] É cofundadora e asesora política de Diverse Voices and Action for Equality (DIVA, en galego Voces Diversas e Acción pola Igualdade), unha organización que se centra na xustiza climática, a violencia contra as mulleres, os dereitos humanos e os dereitos LGBTQ.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

“Encántame ser unha insular do Pacífico. Somos divertidos, feroces e estratéxicos. Enfrontámonos a realidades globalizadas coloniais e poscoloniais, e tratamos de manter o mellor de nós.

Porén, os nosos sistemas patriarcais inxustos e pouco examinados impiden que moitas persoas do Pacífico de tódolos xéneros logren os nosos soños.”

— Noelene Nabulivou, [4][2]

Nabulivou medrou entre Perth, Australia e Fidxi. En Perth participou en pequenos colectivos anarquistas, grupos de inmigrantes e indíxenas, e proxectos de arte pública.[3] Estudou relacións internacionais e estudos para a paz a nivel universitario, e tamén é diplomada en artes comunitarias.[5]

Nabulivou é unha portavoz activa de Fidxi e o Pacífico nos procesos e grupos de traballo das Nacións Unidas como os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento, Rio+20 (a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentábel) e a Axenda do 2030 (os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel das Nacións Unidas).[5]

Noelene tamén deu formación a moitos activistas e feministas de Fidxi e o Pacífico para compartir os seus coñecementos con eles.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "'The most inspiring person I've ever met': your aid worker heroes of 2016" (en inglés). 2016-12-22. Consultado o 2018-07-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Noelene Nabulivou" (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 "Human Rights Activist Noelene Nabulivou On Equality" (en inglés). Consultado o 2018-07-22. 
  4. Tradución ó galego de: "I love being a Pacific islander. We are funny, fierce and strategic. We face colonial and post-colonial globalised realities, and try to keep what is best about us. However, our under-examined and unfair patriarchal systems stop many Pacific people of all genders from achieving our dreams."
  5. 5,0 5,1 "Noelene Nabulivou. Pacific" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2021. Consultado o 2018-07-22.