Niño de andoriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°25′50″N 34°07′43″L / 44.43057, 34.12851

O "niño de andoriña".

O niño de andoriña (en ucraíno: "Ластівчине гніздо", e en tártaro de Crimea: "Qarılğaç yuvası") é un castelo decorativo preto de Ialta na Península de Crimea na Ucraína.

Foi construído entre os anos 1911 e 1921 en Gaspra , na cima dun acantilado de 40 metros de altura cun deseño neogótico do arquitecto ruso Leonid Sherwood.

O castelo domina o Cabo Ai-Todor sobre o Mar Negro e localízase preto das ruínas do castro romano de Charax, Crimea. É un dos símbolos do turismo en Crimea e é unha das principais atraccións turísticas de Ucraína.

O edificio é de forma compacta, e mide só 10 metros de ancho e 20 metros de largo.[1] O seu deseño inclúe un vestíbulo de entrada, salón, escaleira para a torre, e dous cuartos en diferentes niveis dentro da torre. O interior do cuarto está decorado con paneis de madeira, as paredes do resto das instalacións están acabadas en escaiola e pintadas. O castelo remata nunha terraza panorámica, onde se ve o mar e a praia Ialta.

Notas[editar | editar a fonte]