Nippo jisho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nippo jisho (日葡辞書)
Autor/aCompañía de Xesús
OrixeXapón
LinguaPortugués e xaponés
Xénero(s)Dicionario
EditorialCompañía de Xesús
Data de pub.1603
EditorJoão Rodrigues
editar datos en Wikidata ]

O Vocabvlario da Lingoa de Iapam ou Nippo jisho (xaponés: 日葡辞書; "Dicionario xaponés-portugués") é un dicionario de xaponés, o primeiro elaborado para unha lingua occidental.[1] Foi creado por misioneiros xesuítas lusos e publicado en Nagasaki no 1603.[1] Inclúe 32.000 voces niponas traducidas ao portugués.[1] Existe unha versión en castelán do 1630, e outra francesa do 1869.[1]

Compilación[editar | editar a fonte]

A Compañía de Xesús, coa colaboración de cristiáns xaponeses, compilou o dicionario ao longo de varios anos.[1] O seu obxectivo era axudar aos misioneiros no estudo do idioma.[1] Pénsase que o organizador do proxecto foi o sacerdote João Rodrigues, autor da primeira gramática nipoa, o Nihon daibunjiten 日本大文辞典 ("Gran dicionario do Xapón", 1604), e do Nihongo kobunten 日本語小文典 ("Breve enciclopedia do xaponés"), unha introdución á lingua para os misionarios.[1][2][3] O estilo de transcrición da lingua xaponesa empregado nesta obra serviu de base para o resto de materiais xesuítas elaborados no arquipélago nipón, con escasas alteracións.[4]

Estrutura[editar | editar a fonte]

As súas entradas están ordenadas alfabeticamente.[1] Cada palabra está transcrita no alfabeto latino, seguindo as convencións portuguesas.[1] Tamén se identifican as palabras propias de dialectos rexionais, as formas faladas ou escritas, as expresións propias de mulleres ou dos nenos, os termos formais e o léxico de orixe budista.[1] Estas indicacións fornecen aos lingüistas actuais de información valiosa sobre a evolución da lingua xaponesa durante o período Sengoku.[1]

A obra tamén recolle datos sobre rimas, pronuncias individuais, significados, usos lingüísticos, nomes de plantas e animais, frases populares e costumes da época.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Cooper, Michael (1976). "The Nippo Jisho". Monumenta Nipponica 31 (4): 417–430. ISSN 0027-0741. doi:10.2307/2384310. 
  2. Hereditarius (2023-12-28). "João Rodrigues ‘Tçuzu’: Jesuit Interpreter and Diplomat of the East". Medium (en inglés). Consultado o 2024-02-09. 
  3. Cooper, Michael (1974). Rodrigues the Interpreter: An Early Jesuit in Japan and China (en inglés). Weatherhill. ISBN 978-0-8348-0094-6. 
  4. Irwin, Mark (2024). "The Roman Transcription of the Christian Materials with a Focus on Vocabulario da Lingoa de Iapam and Rodrigues’ Arte da Lingoa de Iapam (Morita Takeshi)". Language in Japan 1: 117–130. doi:10.20666/lij.1.0_117. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]