Ninetjer
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 3000 a. C. |
| Morte | 2845 a. C. |
| Faraón | |
| | |
Título real no antigo Exipto
| |
| Actividade | |
| Ocupación | estadista |
| Período | Antigo Exipto, Período Tinita e Segunda Dinastía de Exipto |
| Outro | |
| Título | Faraón |
| Familia | Segunda Dinastía de Exipto |
| Pai | Raneb |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).
Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.
A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).
Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.
Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.
Testemuños da súa época
[editar | editar a fonte]- Impresións de selo nunha galería preto da pirámide de Unis en Saqqara; quizais o lugar do enterro de Ninetjer (Hassan) (Wilkinson).
- Impresións de selo nunha gran tumba de Giza (Petrie).
- Impresións de selo, tumbas 2171 e 2302 en Saqqara (Quibell).
- Inscricións de Helwan (Saad).
| Predecesor: Raneb |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Weneg |