Nijō In no Sanuki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nijō In no Sanuki
Hyakuninisshu 092.jpg
Nacementoc. 1141
Falecementoc. 1217
NacionalidadeXapón
RelixiónBudismo
Ocupaciónescritora e poeta
editar datos en Wikidata ]

Nijō In no Sanuki (二条院讃岐?, ¿1141? - ¿1217?) foi unha poetisa xaponesa que viviu nas postrimerías da era Heian e inicios da era Kamakura. Tamén era coñecida como Nai Sanuki (内讃岐?) ou Chūgū Sanuki (中宮讃岐?). Seu pai foi Minamoto no Yorimasa.

Foi serventa do Emperador Nijō (Nijō In), e despois da morte deste en 1165 casou con Fujiwara no Shigeyori. Tamén durante este período se converte nunha poeta popular do waka coa obra Kasen Rakugaki (歌仙落書?). Cara ao 1190, volve ser serventa, da Emperatriz (Chūgū) Kujō Ninshi de Gishū Mon In, esposa do Emperador Go-Toba, aínda que posteriormente renuncia como serventa e en 1196 faise monxa budista.

Estivo en varios círculos poéticos do Emperador Go-Toba e do Emperador Juntoku e participou en varios concursos de waka. Fixo a súa colección persoal de poemas, o Nijō In no Sanuki-shū (二条院讃岐集?). É mencionada como unha das trinta e seis mulleres inmortais da poesía e un dos seus poemas está incluído na lista antolóxica Hyakunin Isshu. Tamén algúns dos seus poemas foron incluídos na antoloxía imperial Senzai Wakashū.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Peter McMillan (2008) One hundred poets, one poem each: a translation of the Ogura Hyakunin Isshu. New York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-14398-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]