Nicolaas Westendorp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicolaas Westendorp
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1773 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Groninga - Provincie Groningen, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1836 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de

Nicolaas Westendorp, nado en Farmsum o 11 de febreiro de 1773 e finado en Losdorp o 5 de xullo de 1836, foi un pastor protestante e arqueólogo neerlandés da provincia de Groninga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mestre de escola[1], Westendorp estudou teoloxía na academia de Groninga. Como reverendo serviiu en Sebaldeburen (1797) e Losdorp (1812-1836)[2] e tamén exerceu como supervisor de escola no cuarto distrito de Groninga. É sobre todo coñecido polas súas publicacións sobre temas arqueolóxicos e históricos. En 1809 publicou a súa primeira obra Eerste leerrede, gehouden in de nieuwe kerk te Sebaldeburen, benevens eene oudheidkundige verhandeling. En 1820 fundou o primeiro períodico dedicado á arqueoloxía nos Países Baixos, Antiquiteiten, que se mantivo ata 1826[3]. A súa obra máis coñecida é unha historia da provincia de Groninga desde os primeiros tempos ata 1493, a Jaarboeken van en voor de provincie Groningen publicada en dous volumes (1829-1832)[4]. Postumamente saíu ao prelo a Algemeen overzigt der Romeinsche oudheden in de Noordelijke Nederlanden (1846). Tamén foi relevante o seu labor na recolleita de contos e lendas, considerado un pioneiro nos Países Baixos[5]. Tamén foi precursor dos estudos sobre os frisóns orientais de Saterland ao publicar en 1819 o artigo "Over de Saterlanders" na revista Antiquiteiten que incluía unha das primeiras listas de palabras en frisón oriental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. F. Jos. van den Branden, J.G. Frederiks (1888-1891) Biographisch woordenboek der Noord- en Zuidnederlandsche letterkunde
  2. P.J. Meertens (1978) Biografisch lexicon voor de geschiedenis van het Nederlands protestantisme
  3. R. B. Halbertsma (2004) Scholars, Travellers and Trade: The Pioneer Years of the National Museum of Antiquities in Leiden, 1818-1840. Routledge, p. 48
  4. Nieuw Nederlandsch Biografisch Woordenboek
  5. Donald Haase (2007) The Greenwood Encyclopedia of Folktales and Fairy Tales. Vol I. Greenwood Pres, p. 282