Ng Yi-Sheng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ng Yi-Sheng
Ng Yi-Sheng 1.jpg
Nacemento25 de novembro de 1980
 Singapur
NacionalidadeSingapur
Alma máterUniversidade de Columbia, Anglo-Chinese School e Universidade de East Anglia
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Ng Yi-Sheng, nado en Singapur o 25 de novembro de 1980, é un poeta e editor singapurés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de vivir en Hong Kong e Singapur licenciouse na Universidade de Columbia en Literatura comparada e escrita creativa. Á volta a Singapur traballou para o Instituto das Artes de Singapur e en 2013 cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de East Anglia (Norwich, Reino Unido).

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais de colaboracións en revistas, entre as súas publicacións cóntanse:

  • Last Boy (2006)[1], poesía.
  • A Gay Anthology of Singapore Poetry and Prose (2010)[2], coeditor da antoloxía.
  • SQ21: Singapore queers in the 21st century (2006), ensaio sobre a comunidade LGTB en Singapur.
  • Serve (obra de teatro)
  • Snake (obra de teatro)
  • Redhill Blues (obra de teatro)
  • Hungry(obra de teatro)
  • 251 (2007), unha obra de teatro sobre a vida da actriz porno singapuresa Annabel Chong
  • Georgette (2007), drama musical sobre a vida de Georgette Chen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Last Boy
  2. "A Gay Anthology of Singapore Poetry and Prose". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2013.