Ngụy Thị Khanh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ngụy Thị Khanh
Nguy Thi Khanh - 2016.jpg
Nacemento1976
 Bac Giang
NacionalidadeVietnam
Ocupaciónactivista climático e ecoloxista
editar datos en Wikidata ]

Ngụe Thị Khanh, nada en Bắc Giang en 1976, é unha ambientalista vietnamita, fundadora e directora executiva do Centro de Innovación e Desenvolvemento Verde (GreenID) en Vietnam.[1] Tamén é a coordinadora de defensa da Rede de Ríos de Vietnam (VRN).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Khanh naceu en 1976 en Bắc, un pobo da provincia de Bắc Giang.[3] Graduouse no Instituto de Relacións Internacionais (Học vinện Quan hệ Quốc tế) en Hanoi.[2] Desde 2008, é a coordinadora dos programas de sensibilización da Rede de Ríos de Vietnam (VRN), onde inicialmente traballara na limitación da contaminación da auga por actividades mineiras, e logo ampliou o enfoque para incluír outras fontes de contaminación así como a estratexia en política enerxética. Foi observadora oficial de Vietnam na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015[1].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2018, Khanh foi galardoada co Premio Ambiental Goldman polo seu traballo con axencias gobernamentais vietnamitas no desenvolvemento de estratexias de enerxía sustentable a longo prazo que reduciron a dependencia da enerxía do carbón.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Nguy Thi Khanh - RLS". 2018-04-23. Consultado o 2021-04-20. 
  2. 2,0 2,1 "SEED - Nguy Thi Khanh". 2018-04-23. Consultado o 2021-04-20. 
  3. VnExpress. "Người phụ nữ giúp loại bỏ hàng trăm triệu tấn khí thải ở Việt Nam" (en vietnamita). Consultado o 2021-04-20. 
  4. "Conoce a los siete premios 'Nobel de medio ambiente' de este año". La Vanguardia (en castelán). 23 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2018. 
  5. Phương Lan (23 de abril de 2018). "Bà Ngụy Thị Khanh giành Giải thưởng Môi trường Goldman 2018". Báo Tin tức (en vietnamita). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. 
  6. "Người phụ nữ giúp loại bỏ hàng trăm triệu tấn khí thải ở Việt Nam - VnExpress". 2018-05-19. Consultado o 2021-04-20.