News and Tributes é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk revivalThe Futureheads, editado o 29 de maio do 2006. O seu primeiro sinxelo, "Skip to the End", publicouse o 15 de maio. O álbum, ao igual que o da súa estrea, recibiu boas críticas, e destacaban a madurez do son da banda. Porén, ao contrario do seu anterior traballo, News and Tributes non tivo boas vendas, o que fixo que o grupe fose botado do seu selo, 679 Recordings.
Con este álbum The Futureheads foron comparados con Blur, particularmente co seu disco Modern Life Is Rubbish. Foi producido por Ben Hillier, que tamén traballou con Blur e Depeche Mode. O tema "News and Tributes" está adicado ás vítimas do accidente de Múnic, un accidente de avión en 1958 onde morreron varios xogadores do United players.
A edición estadounidense do álbum contén as catro cancións que aparecen no EP Area, "Area", "Help Us Out", "We Cannot Lose" e a remestura de Shy Child do tema "Decent Days And Nights".