Basketball Löwen Braunschweig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basketball Braunschweig
VW Halle Braunschweig.jpg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 2000
Cores                Azul, amarelo, branco
Presidente Alemaña Stefan Schwope
Adestrador Austria Raoul Korner
Patrocinador Volkswagen
Vestimenta Spalding
Localización
Cidade Alemaña Braunschweig, Alemaña
Pavillón Volkswagen Halle
Capacidade 6.600
Inauguración 20 de setembro de 2000
basketball-braunschweig.de

O Basketball Löwen Braunschweig é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade Braunschweig, Baixa Saxonia. Fundado no ano 2000, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Xogan os seus partidos como local no Volkswagen Halle, pavillón con capacidade para 6.600 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado no ano 2000 como Metabox Braunschweig tras comprar a licenza da Basketball Bundesliga do SG Braunschweig, pasando este último club a funcionar como o seu equipo de canteira. Despois de múltiples mudanzas de nome durante primeiros anos, a compañía local de moda New Yorker converteuse no patrocinador de nome do club en 2006. En 2014 a empresa anunciou o fin do seu patrocinio ao finalizar a temporada 2013–14.[1] Así, o 1 de xullo de 2014 o equipo adoptou o seu actual nome: Basketball Löwen Braunschweig.

Nomes[editar | editar a fonte]

  • Metabox Braunschweig (2000–2001)
  • StadtSport Braunschweig (2001–2002)
  • TXU Energie Braunschweig (2002–2003)
  • BS Energy Braunschweig (2003–2006)
  • New Yorker Phantoms Braunschweig (2006–2014)
  • Basketball Löwen Braunschweig (2014–presente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Die Phantoms heißen jetzt Löwen". Braunschweiger Zeitung (en alemán). 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sitio web oficial