Nervio (arquitectura)
Aparencia
Nervio ou nervadura é un elemento construtivo da arquitectura formado por un segmento de arco -con forma de moldura - que sae do intradorso dunha bóveda.[1] Ás veces, denomínase nervadura ao conxunto de nervios nunha bóveda gótica.[2]
Comezouse a empregar a partir do século XII cando se desenvolve a bóveda nervada ou de crucería.
Ao usar estes nervios, as cargas ou pesos concéntranse en lugares específicos de asentamento, permitindo apoiarse sobre columnas en lugar de caer sobre o propio muro. Isto redunda na posibilidade de abrir grandes ocos nas paredes permitindo unha maior luminosidade e lixeireza nos edificios.
Tipos
[editar | editar a fonte]- Nervio de aresta, é o que marca o punto de intersección de dúas bóvedas.[3]
- Nervio diagonal ou de crucería, o que cruza diagonalmente toda a bóveda e eten fucnión sustentante.[3]
- Nervio de faixa, é continúa o perfil dunha bóveda, perpendicular ao eixe desta.[3]
- Nervio secundario, é o que conecta os outros nervios principais da bóveda.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fatás, Guillermo; Borrás, Gonzalo (1993). Diccionario de términos de arte (en castelán). Madrid: Alianza ediciones del Prado. ISBN 84-7838-388-3.
- Hoz Onrubia, Jaime; Maldonado Ramos, Luis; Vela Cossió, Fernando (2003). Diccionario de construcción tradicional: tierra (en castelán). Donostia: Editorial Nerea. ISBN 84-89569-80-0.
- Montoto, Santiago (1955). Nueva guía de Sevilla (en castelán). Madrid: Editorial Plus Ultra.